Comunicado oficial de Tega sobor do Idioma

Ante a difícil situación que se está xerando en Galicia co tema do idioma, Terra Galega quere expoñer o seguinte:

Aínda non estando dacordo co dogmatismo e sectarismo con que foron tomadas algunhas decisións por parte do anterior Goberno Bipartito (PSOE e BNG) e sendo moi críticos co modo e forma elixido para a defensa do Galego e coa pouca ou escasa aprobación social que produciu a aplicación de certas decisións políticas, temos que recoñecer que Feijoo e a súa nova Xunta fixéronos bos.

Queremos deixar claro que rexeitamos totalmente a actitude do partido popular e a de UPyD e a sua plataforma bilingüista cuxo obxectivo foi e é crear un problema entre os cidadáns deste país para os seus intereses electoralistas.

Este suposto problema nunca se dou en Galicia, non se pode dicir que aquí se marxinara a ninguén por falar castelán, ao contrario a historia dinos que a marxinación foi sufrida, en todo caso, polos galegofalantes.

Pra os que alegan a falacia de que o castelán estábase a perder, só cabe unha comprobación que calquera cidadán pode facer, dirixámonos a calquera kiosco ou librería e contemos as publicacións de xornais ou libros escritas en galego e logo fagamos o mesmo coas de castelán, a diferenza é abafadora a favor do castelán. Isto desmonta dun xeito simple e claro esta gran falacia.

O número de publicacións é un dos indicadores de saúde do noso idioma e revélanos a sua implantación social, é evidente que o galego non goza de boa saúde.

Non contentos con crear este ficticio enfrontamento, agora queren poñer en práctica a segregación dos alumnos en base ao idioma, que escollan os pais e así contentan ao seu electorado, e nós preguntamonos:


Tralo exposto, é a nosa intención posicionarnos á beira da Mesa pola Normalización Lingüistica, porque ante este ataque aos nosos dereitos como galegos, CUMPRE FACER CAUSA COMÚN. De igual xeito, esiximos que o PP, UPyD e os seus correlixionarios deixen de agredir o que a constitución recoñécenos.


MEDIDAS EN DEFENSA DO GALEGO:


Polo que:

  1. Democráticamente pedimos e esiximos que ninguén sexa marginado polo idioma en que fala.

  2. Sostemos que os idiomas son para entendernos, que nunca deben ser armas arroxadizas contra outros, nin causa -artificial- de problemas.

  3. Pedimos e esiximos o mesmo respecto e a mesma igualdade para todos os idiomas do mundo, sexan minoritarios ou non.



Asinado pola Executiva Nacional de Terra Galega



Terra Galega. Tódolos dereitos reservados

Novas
2010-07-30
Sobre o PP e Juan Gato

 
2010-06-18
Convocatoria da Direccion Nacional de Tega

 
2010-06-16
Apoio de Tega á decisión da Alcaldía de Narón

 
2010-03-24
Dirección Nacional Extraordinaria de Tega

 
2010-03-14
Terra Galega e a Lei de Dependencia

 
2010-03-08
Sobre os parques eólicos

 
2010-03-03
Moción abreviada sobre as Caixas

 
2010-02-07
Convocatoria da Dirección Nacional

 
2009-11-25
Dirección Nacional Extraordinaria de Tega

 
2009-11-24
Dirección Nacional Extraordinaria de Tega

 
2009-09-14
Convocatoria da Dirección Nacional, con carácter extraordinario, de Terra Galega

 
2009-07-01
Convocatoria da Direccion Nacional de Tega

 
2009-05-30
Comunicado oficial de Tega sobor do Idioma

 
2009-05-28
Terra Galega pola transparencia na xestión dos cargos públicos

 
2009-05-16
Comunicado Oficial sobor do Sector Lácteo

 
 Páxina: 1 2  3