Comunicado Oficial sobor do Sector Lácteo

O Sector Lácteo

O sector lácteo galego está a sufrir unha crise que dende fai moito tempo se via vir, por iso dende Terra Galega queremos facer as seguintes manifestacións:

1.- Preguntas ante o parlamento do estado español e ante o parlamento galego:

2.- Reflexións para os cidadáns:

As anteriores cuestións teñen unha sinxela contestación: o montante monetario foi unha limosna miserable xa que con eses cartos de converxencia estanse a construir infraestruturas en Madrid e, en canto as medidas da Xunta: ningunha.

Deste xeito Terra Galega, ante a política do avestruz que estan a adoptar as outras forzas políticas, agochando a cabeza ou mirando para outro lado, queremos facer unha proposta clara:

A creación do GRAN GRUPO LÁCTEO GALEGO

  1. Con participación pública que garanta a continuidade do sector en e dende Galicia.
  2. Facendo uso dun banco de terras para pasto, composto polas terras dos produtores que nel se integren, mais terras de caracter público.
  3. Creación dunha marca de calidade do leite galego ante o resto de España e de Europa.
  4. Grazas a esa imaxe pública, acompañada de promoción publicitaria, e garantindo que o leite galego nace, en gran medida, dun procedemento transparente e de pastos naturais, adoptarase unha política de prezos que situe o noso leite nos estands de produtos de máxima calidade, co prezo adecuado, e con outro prezo menor para os consumidores de dentro da nosa comunidade.
  5. Porcentaxe en beneficios para todos os produtores que se integren neste proxecto.
  6. Garantir, por parte do grupo, o pago das débedas asumidas ata o día de hoxe polos pequenos e medianos produtores.
  7. Banco de maquinaria e ferramentas común.


Xermán Tobío
Secretario Xeral de Terra Galega

 


Terra Galega. Tódolos dereitos reservados

Novas
2010-07-30
Sobre o PP e Juan Gato

 
2010-06-18
Convocatoria da Direccion Nacional de Tega

 
2010-06-16
Apoio de Tega á decisión da Alcaldía de Narón

 
2010-03-24
Dirección Nacional Extraordinaria de Tega

 
2010-03-14
Terra Galega e a Lei de Dependencia

 
2010-03-08
Sobre os parques eólicos

 
2010-03-03
Moción abreviada sobre as Caixas

 
2010-02-07
Convocatoria da Dirección Nacional

 
2009-11-25
Dirección Nacional Extraordinaria de Tega

 
2009-11-24
Dirección Nacional Extraordinaria de Tega

 
2009-09-14
Convocatoria da Dirección Nacional, con carácter extraordinario, de Terra Galega

 
2009-07-01
Convocatoria da Direccion Nacional de Tega

 
2009-05-30
Comunicado oficial de Tega sobor do Idioma

 
2009-05-28
Terra Galega pola transparencia na xestión dos cargos públicos

 
2009-05-16
Comunicado Oficial sobor do Sector Lácteo

 
 Páxina: 1 2  3